A Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia (APTAX) ten entre as súas finalidades a representación e defensa dos dereitos laborais, a mellora das condicións de traballo dos profesionais dos arquivos, o estimulo da comunicación entre elas e eles e a colaboración cos órganos do Sistema de Arquivos de Galicia en todo o que supoña un avance no funcionamento do sistema e dos centros nos que traballamos.

Esta páxima web pretende ser unha ferramenta para a comunicación entre os socios pero tamén unha plataforma que faga visible a APTAX e ao colectivo profesional que representa de cara á sociedade en xeral.

Nela pódese atopar información relativa a diversos aspectos relacionados coa nosa profesión: formación, normativa, RPT e ofertas de emprego público, etc.